A Asociación de Empresarios de Portosín comezou a súa traxectoria no ano 2014 como consecuencia da necesidade percibida por un grupo de empresarios da localidade pertencentes a distintos sectores, de formar unha entidade xurídica propia que tivese por obxeto a promoción económica en Portosín e no seu contorno e a defensa dos intereses comúns e dos seus asociados.

Ademáis establecéronse como obxetivos a información, asesoramento, formación e asistencia técnica para os integrantes da Asociación sobre aqueles aspectos de importancia para a súa actividade.

Esta agrupación atópase igualmente aberta á colaboración con outras organizacións afins ou organismos tanto públicos como privados para intercambio de experiencias que melloren o desenvolvemento dos asociados.