Como Presidenta da Asociación de Empresarios de Portosín douvos a benvida e invítovos a coñecernos a través desta páxina web.

Hai escasamente un ano que un grupo de empresarios e comerciantes de Portosín decidimos asociarnos e poñer en valor o noso esforzo en común e ofrecer ós nosos clientes e visitantes os servizos e actividades que vimos levando a cabo dende a nosa constitución.

Sen esquecer que o verdadeiro motor local é a pesca, a nosa pretensión é fomentar a actividade empresarial e comercial dende tódolos ambitos e sectores, así como promocionar o turismo como un dos pilares económicos do noso pobo.

En nome dos membros da Asociación damos as grazas ao Concello de Porto do Son e a todos vós polo apoio e a confianza depositada para seguir traballando.

Un saúdo.

Monse Santos Lorenzo